Deportes

A Selección Galega de Taekwondo faise co Open Internacional de Andalucía

Galicia logrou o primeiro posto por equipos na xeral e na categoría masculina, mentres que foi prata na categoría feminina no Open Internacional de Andalucía, que se celebrou este sábado en Córdoba. En total, a selección galega logrou 9 ouros, 7 pratas e 10 bronces, un espectacular resultado e máis tendo en conta que acudía a este evento cun equipo moi novo.

Na categoría cadete, Galicia conseguiu 5 ouros, 4 pratas e 6 bronces. Os ouros foron para Pablo Carballal (-46), Sandra Rodríguez (-42), Ainhoa Boubeta (+56), Gabriel García (-54) e Iago García (+62). Ademais, Pilar Rodríguez (-56), Marta Delgado (-42), Antía Pérez (+56) e Rubén Troitiño (-62) lograron a segunda posición e houbo seis bronces para Alberto Verea (-38), Vicente Díaz (-38), Miriam García (-56), Gemma Paz (-48), Ainoa García (-42) e Adrián Pombo (-54).

Na categoría xúnior as e os galegos tamén lograron moi bos resultados con 11 medallas en total. Houbo catro ouros para Adriano Jiménez (-48, Natural), Pablo Fernández (+73, Mat´s), Xian Silva (-73, Mace Sport) e Ainara Brión (-55, Natural Sport). As pratas as lograron María Domínguez (-63, Mace Sport), Raúl Cancelas (-73, Patiño) e Sabela López (+63, Patiño), mentres que os bronces foron para Andrés Álvarez (-48, Couto), Alba Caamaño (-49, Suh), David Ansede (-63, Moo Duk Kwan) e Gaila Fernández (-55, Kiap Cangas).

A Federación Galega de Taekwondo desprazou a case cincuenta deportistas (26 xúnior e 17 cadetes) ao IV Open Internacional de Andalucía, que se celebrou o sábado 8 de decembro en Córdoba. A FGT optou por desprazar a este campionato a deportistas que o próximo ano segan competindo na mesma categoría, co obxectivo de que segan medrando na súa formación deportiva, enfrontándose a xente de maior experiencia. Na categoría cadete había inscritos preto de 100 deportistas, mentres que na xúnior eran 150 taekwondistas.

 

También te puede interesar