Vigo al minuto

O BNG protesta cos afectados das preferentes en Vigo

Na concentración que este luns tivo lugar en Vigo como protesta contra o desmantelamento de Novagalicia Banco, a deputada do BNG, Carme Adán, reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que actúe para acadar o mantemento do sistema financeiro galego.

“O peor escenario desta novela negra, como é a liquidación ou venda de NCG, vén de ser confirmado”, asegurou Adán, quen alertou de que Galiza perderá unha caixa produto do aforro dos galegos e galegas “co beneplácito do PP”.

Na mesma línea mostróuse a portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, quen explicou que os nacionalistas «reclamamos a Feijóo que actúe e non regale os aforros dos galegos e galgas a prezo de saldo”.

Segundo indicou Fernández Davila “o final de NGB amosa o fiasco da política económica de Feijóo e do PP para Galiza”.

A protesta tamén serviu para respaldar aos afectados das participación preferentes. Nese senso,  Adán destacou que o PP debe escoitar aos afectados “tamén agora, e non só en campaña”.

Adan recordou que o BNG ten rexistradas diversas iniciativas sobre o sistema financeiro galego, “na liña de que a caixa se converta nunha entidade pública e os afectados e afectadas polas preferentes recuperen seus cartos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.