Vigo al minuto

Caballero anuncia que o Concello invertirá máis de 20 millóns en emprego o ano que ven

Abel Caballero adiantou este luns que o Concello terá o ano que ven un orzamento total de presentou este luns o orzamento do 228,8 millóns de euros, 8,3 máis que o de 2012. O alcalde salientou que o mesmo terá coma eixes principais a creación de emprego, as políticas sociais e a educación e, incidiu en que “rebáixase a presión fiscal municipal, tanto en tasas coma en impostos”, cunha reducción dun millón e medio de euros no imposto sobre construccións, o mantemento da taxa cero en terrazas, a conxelación da tarifa municipal da auga e “un descenso global do 0,37% nas taxas”.

O gasto en política de benestar que programa o goberno de Vigo para 2013 ascende a 15,6 millóns de euros, unha partida na que Caballero fixo mención especial no incremento das bolsas de comedor, que terán unha partida de 1,5 millóns,  as bolsas de idiomas contarán con 1,37 millóns para “beneficiar a 600 escolares da cidade”. O Servizo de Axuda a Domicilio contará con 2,9 millóns de orzamento e o Centro Integral de Inclusión Social de Vigo, que empezou a funcionar o sábado, levarase 664.000 €.

As escolas infantís municipais, “que pasaron este ano de catro a seis centros,” suman un investimento do Concello de 1.240.000 euros, un 20% máis que este ano. Caballero afirmou que “o orzamento en Educación será de 12 millóns de euros en 2013, un 9% máis”, e inclúe os 200.000 € para a apertura da aula de acceso da UNED no Casco Vello e para acoller, de cara ao próximo curso, as carreiras que solicitará o Concello.

Polo que se refire ao emprego, o alcalde incidiu en que “entre investimentos keynesianos e acción directa”, adicaranse 20 millóns de euros e citou, coma exemplos delo, as reformas dos mercados do Berbés e do Progreso, os 227.000 euros para o novo centro cívico da Miñoca, e as “segundas fases de humanizacións xa en marcha”, como a da rúa Aragón.

Ao mesmo tempo que repetía un aumento nestas partidas, Caballero denunciou que a Xunta transferirá, o ano que ven, 365.000 euros menos que afectarán a programas como o plan de drogodependencia e as subvencións a colexios, entre outros. Pola súa banda, “o Goberno de España reduce a súa achega á cidade para a teleasistencia e a subvención ao transporte público en 1,2 millóns de euros, que asumirá o Concello”.

 

También te puede interesar