RGPD - Cookies
Vigo al día

A plantilla de Vitrasa forza a mediación do Concello e que a empresa se sente a negociar

Máis de un milleiro de personas apoaiaron este xoves a manifestación convocada polos traballadores de Vitrasa que, hoxe, coincidindo co o seu terceiro día de folga, percorreron o centyro de Vigo, dende a rúa Lepanto ate o Concello, “en resposta á negativa da empresa a negociar un novo convenio colectivo”. Segundo adiantou o presidente do Comité de Empresa a vigoalminuto, esta mesma mañá, o concelleiro de Tráfico e segundo tenente de alcalde, Carlos Font, chamouno por teléfono para informarlle do nomeamiento dun mediador e convocar unha xuntanza cos directivos da concesionaria.

Segundo Narciso Pazos, os traballadores están dispostos a sentarse “e se é preciso a facer concesións” para arranxar a situación, pero “sempre e cando vexamos vontade por parte da empresa en chegar a un acordo». O mesmo, segundo as reivindicacións da plantilla, pasa por un incremento salarial dun 1%, un aumento dos días de descanso semana de un a dous, que tres das catro semanas de vacación anuais sexan en período veraniego, de maio a octubre, “para que poidamos estar coa familia”, que esta poida usar gratuitamente o autobús, “como pasa con outras concesionarias noutras ciudades”, e que se contraten máis conductores.

Para esto último os traballadores plantexan traballar gratis 13 minutos máis ao día, “pasando da actual xornada de 7 horas e 35 minutos a 7 horas e 48 minutos, co custe desas horas, que nos non cobraríamos, poderíanse contratar 11 ou 12 conductores, co cal, ademáis de dar emprego, ainda que fose temporal a estas persoas, quedaría resolto o problema do descanso e casi ao mesmo custo para a empresa”.

Os sindicatos salientan que os conductores que, maioritariamente, pese a súa xornada de 7 horas e media diarias, sobrepasan as 10, habitualmente. “O ano pasado fixemos un total de 523.000 horas de traballo das que preto de 60.000, máis do 10% foron extras”.

Ademáis delo, os traballadores critican que Vitrasa apele á “mala situación económica e que diga que non se pode empeorar a conta de resultados”, considerando que en 2009 a empresa obtivo un resultado neto de 3.188.260 € de beneficio en 2009, en 2010 máis de 3.640.605 e o ano pasado “preto dos 4 millóns de euros”. A plantilla lembra que cada ano o Concello paga á concesionaria 12 millóns de euros e Vitrasa  incrementou o billete nun 4,37%, “sen contar o IVE que teñen que pagar os usuarios”, mentras que “os soldos aumentaron nun 1%, e iso cun IPC do 2,7%, polo cal queda craro que as nosas reivindicacións non son económicas, senon sociais”.

 

También te puede interesar