RGPD - Cookies
Vigo al día

Este xoves, Vitrasa de novo en folga

Tal e como anunciou o comité de empresa de Vitrasa, ante a falta de acordo, “e a inobilidade da empresa”, este xoves, día 29, volverá a haber folga do transporte urbán de Vigo. Os sindicatos advirten que, logo deste terceiro día de paro, se non hai vontade da concesionaria de sentarse a negociar o convenio, a folga pasará a ser indefinida.

Pola súa banda, Vitrasa, nunha nota adianta que os servizos mínimos do transporte público manteranse nun 40% en horas punta (07.00-11.00 horas e 13.00-22.00 horas) e nun 25% no resto do día. Vitrasa recomenda aos usuarios que poden consultar os horarios na páxina web www.vitrasa.es e no servizo de atención telefónico 986 29 16 00 e 986 20 74 74.

A empresa lamenta esta nova convocatoria de folga e insiste na “súa total disposición a retomar o diálogo co Comité de Empresa para chegar a un acordo”. A dirección, subliña que mantén as portas abertas para sentarse a negociar en calquera momento e, logo de repetir que respecta o dereito á folga dos traballadores, fai un chamamento ao Comité de Folga para que “a xornada de mañá transcorra con total normalidade e evitando calquera tipo de incidente que poida prexudicar aos usuarios”.

 

También te puede interesar