RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?'

O PSdG non se absterá, nin na investidura de Feijóo nin de facer o ridículo

O voceiro do Grupo Parlamentar Socialista corrixiu hoxe ao secretario xeral do PSdG e asegurou que a intención do seu grupo e “votar totalmente en contra” da investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Abel Losada asegurou que cando Pachi Vázquez dixo, logo de entrevistarse coa presidenta do Parlamento, “está claro que hai un gañador nas eleccións e ten que ser o presidente de Galicia” e que, por iso os socialistas abteríanse no debate de investidura, o que realmente  quería facer Vázquez era ser máis elegante que Cary Grant.

Foi unha cuestión de cortesía á espera de escoitar o discurso do candidato”, subliñou Losada, logo de acrarar, a preguntas dos xornalistas que non se trataba de correxir a Vázquez, senon que cando dixo que os socialistas se absterían o que quería decir era que antes quería escoitar o discurso de Feijóo.

Abel Losada, eso sí, quixo deixar a porta pechada a un novo cambio no voto dos socialistas aos que, logo de anunciar a abstención e o voto negativo, so lles queda anunciar que votarán “si”, e sacou a ‘folla de ruta’ socialista, que consta de tres puntos fundamentais: balance, programa y mayoría popular, á vista dos cales, xunto coa “mensaxe continuista” de Feijóo, determinará o voto en contra dos deputados do PSdG.

 

También te puede interesar