O actor Larry Hagman, quen convertiuse nun icono mundial facendo o papel de JR Ewing, na serie de televisión Dallas, que en Galicia lembramos por frases como “estás bébeda Sue Ellen”, morreu este venres en Texas, aos 81 anos de idade.

Hagman, quen hai anos sufriu un cancro de fígado, loitaba dende hai tempo contra a mesma enfermidade, pero de gorxa, segundo informan varios diarios estadounidenses. Curiosamente, no momento do pasamento estaba ao seu lado a súa esposa televisiva, a actriz Linda Gray, quen interpretaba o papel de Sue Ellen no telefilme. “Larry era o meu mellor amigo dende hai 35 anos”, dixo Grey, quen calificou ao actor de “creativo, cariñoso, con talento, unha persona que sempre trouxo a ledicia a todos os que o coñecimos”.

 

También te puede interesar