Galicia

Este domingo, vai a ‘Detras do Marco’, tómate un café e lévate un libro

Mañá domingo 25 de novembro, dende o mediodía, ‘Detrás do Marco’ porá en marcha a iniciativa “Café e libros”, pola cal cada cliente do local poderá levarse gratis a casa un libro dos que estarán expostos no café, ata fin de existencias.

Este programa ten por obxecto promover a lectura en tempos de crise co agasallo de exemplares de segunda mano que xa foron lidos polos seus donos e son cedidos para esta iniciativa. Desta forma, os libros estarán expostos no local para a súa consulta e os clientes poder cambiar o seu tícket da consumición por un libro.

Entre os volumes existentes figuran novelas históricas, libros de terror, novela contemporánea..,segundo salientan os impulsores da idea, “obras para todos os gustos e idades”.

 

También te puede interesar