RGPD - Cookies

As labregas do SLG estarán este domingo en Vigo na Marcha Mundial de Mulleres

Este domingo, as 12, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, unirase  á Marcha Mundial de Mulleres que sae da Praza de Urzáiz. Por eso motivo fai un chamamento ás administracións públicas e á sociedade no seu conxunto para “rematar coa maior lacra social que temos na actualidade: Xa foron asasinadas 72 mulleres no ano 2012”.

O SLG, subliña que cómpre, dunha vez por todas, facer unha profunda reflexión diante desta barbarie e advirte de que “nestes momentos, a crise económica estase usando para a concentración da riqueza e o poder cada vez en menos mans, explotar ó máximo o traballo, limitar as prácticas democráticas, reprimir os movementos sociais e da cidadanía, e aumentar o odio e a división entre os diferentes sectores da poboación”, ao tempo que está servindo de xustificación para facer recortes, recortes que afectan en maior medida ás mulleres e onde o que se pretende é impor valores baseados na “volta ao fogar”.

A Secretaría do Sindicato Labrego por coma exemplo o peche de escolas rurais, de centros sanitarios rurais, “ademais, estanse a reducir moito os recursos para políticas públicas. E está demostrado que cando se eliminan recursos públicos estase a incrementar a precariedade da vida das mulleres e, especialmente, das labregas”.

Estes recortes, advirte,  tamén afectan as políticas de igualdade que, no Proxecto de Orzamentos do Estado para o ano 2013, diminúen un 24% respecto do ano 2012. E por elo “pedimos políticas específicas de igualdade, senón que as políticas xerais non discriminen as mulleres, ben sexa por acción ou omisión”.

As labregas do SLG apoiarán a manifestación de Vigo convocada pola Marcha Mundial das Mulleres: “Que a crise non xustifique ningún paso atrás nos dereitos das mulleres”. O SLG denuncia que os gobernos de anteporen os intereses do capital financeiro especulativo (o BCE presta diñeiro aos bancos ao 1% e os bancos prestan aos gobernos ao 7%, facendo impagábeis as débedas dos estados). No ano 2012, o erario público terá que facer fronte a case 39.000 millóns de euros só en concepto de xuros.

A falta de dereitos propios e de autonomía económica fai que moitas mulleres tamén sexan extraordinariamente vulnerables ante as situacións de violencia. Novamente, “igual que nos anos 70, na actividade agraria estásenos obrigando a decidir se pagamos a Seguridade Social ou se estudamos as fillas e os fillos, ou se facemos fronte a outras prioridades. Outra vez, planea a pantasma da expulsión das labregas da Seguridade Social, co que iso leva canda si en perda de dereitos.”

 

También te puede interesar