RGPD - Cookies
Galicia

O PSdG absterase na investidura de Feijóo mentres AGE e BNG votarán en contra

Así o indicou este venres o secretario xeral do PSdG e pasado candidato á Presidencia da Xunta, logo de entrevistarse coa presidenta do Parlamento. Pachi Vázquez indicou que “está claro que hai un gañador nas eleccións e ten que ser o presidente de Galicia” e por iso o seu grupo absterase logo do debate de investidura, a semana que ven.

Pola súa parte, o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda adiantou que o seu grupo non dará a confianza a Feijóo e que tería que producirse “un milagre” para que o seu voto non fose negativo. Xosé Manuel Beiras, quen bromeu decindo que estivo tentado de proponer á súa compañeira, Yolanda Díaz como candidata, engadiu que salvo que Feijóo amosase a súa intención de dar un xiro de 180 graos nas súas políticas, “pasando de agredir a defender aos galegos, o noso voto será negativo”.

A mesma postura será a do BNG.  Francisco Jorquera anunciou que non apoiarán a investidura, “non só por posición apriorísticas, senon polas políticas postas en marcha a pasada lexislatura”.

 

También te puede interesar