RGPD - Cookies
Galicia

O BNG pregunta ao ministro de Industria se o Goberno garante o novo tax-lease para xaneiro

A portavoz do BNG no Congreso, rexistrou este xoves unha solicitude de comparecencia do Ministro de Industria, José Manuel Soria, para que acuda á Cámara canto antes a explicar se o Goberno garante que o novo Tax Lease estea plenamente operativo a 1 de Xaneiro de 2013.

Olaia Fernández considera “positiva a decisión da UE de dar luz verde ao novo sistema de bonificación fiscal proposto polo Executivo español aínda que houbo que agardar máis de ano e medio, un tempo precioso no que o noso sector naval perdeu moitos cartos. Chega bastante tarde”, sinala.

Neste sentido, Davila poñe de manifesto que nun ano e medio “co Tax Lease paralizado, sen incentivos á contratación naval, os estaleiros do ámbito privado de Galicia só conseguiron pechar dous pedidos por valor de 200 millóns de euros. Os propios estaleiros cifran as perdas en máis de 2.000 millóns”. Sirva de exemplo a facturación media entre o ano 2006 e o ano 2010 que foi de 1.400 millóns ao ano.

A paralización do Tax Lease no Estado español, debido ás denuncias realizadas por países como Holanda, beneficiaron claramente a outros Estados da UE que se fixeron con máis contratos, lembra a deputada do BNG.

Davila subliña que “agora a pelota está no tellado do Goberno español, xa non vale a excusa da UE. É o Goberno español quen ten que facer as modificacións lexislativas pertinentes para que o novo sistema de bonificación fiscal estea vixente a primeiros de ano, arrancando o 2013. O Ministro debe aclarar en sede parlamentar que cambios de leis se van facer e se se van tramitar canto antes para que o sector poida empezar o ano co novo sistema”.

 

También te puede interesar