RGPD - Cookies
Galicia

Preto do 30% dos asalariados galegos cobra entre 687 e 1.218 € ao mes

O 17,7% dos asalariados galegos cobran un soldo inferior aos 1.008,6 € ao mes, mentres que o 27,1% ten un salario que supera os 2.071,8 €, de acordo cos resultados do ‘Decil de salarios do emprego principal. Enquisa de Poboación Activa 2011′ publicado este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

No mesmo pódese constatar que o 8,8% dos asalariados percibe uns ingresos por debaixo dos 687,1€; mentres que o 8,9% está entre esta cantidade e 1.008,6 €; e outro 11,7% supera esta contía, pero mantense por debaixo dos 1.218,2 €. Estas tres franxas, suman o 29,4% dos traballadores.

Ademais, o 12,4% percibe entre 1.218,2 e 1.386,6 €; o 11,5% ingresa entre 1.386,6 e 1.563,2 €; o 10,6% está entre os 1.563,2 e os 1.774,4 €; o 9,2%, entre 1.774,4 e 2.071,8€ ; o 9,1%, entre 2.071,8 e 2.513,7 €; o 9,9% supera esta última cantidade, pero non os 3.280,2 €; e o 8,1% restante está por enriba de 3.280,2 euros.

Agrupando os tres tramos máis baixos, nos que se atopa o 29,4% dos asalariados galegos, Galicia sitúase como a sétima comunidade cunha porcentaxe máis alta de traballadores na franxa inferior. Por a contra, se se teñen en conta os tres deciles máis altos, Galicia ocupa o sétimo lugar entre as comunidades con menos traballadores na franxa superior.

 

También te puede interesar