RGPD - Cookies
Vigo al día

O novo tax-lease empezará a aplicarse en xaneiro

Eso foi o que afirmou este mércores o  presidente en funcións da Xunta. Alberto Núñez Feijóo, deu por feito este mércores que o novo ‘tax lease’ empezará a funcionar en dous meses e indicou que  o Goberno “dispón de pouco tempo para cambiar o Imposto de Sociedades”.

Eso sí, Feijóo, que onte tivo unha xuntanza co ministro de Industria, José Manuel Soria, non concretou qué parte do esforzó fiscal que asumirá o Estado á hora de fixar a  porcentaxe de bonificación, que no anterior tax-lease era do 30% e que no sector sinala que podería quedar no 20%.

«Hoxe os estaleiros galegos teñen unha vía máis despexada para poder realmente competir na construción de barcos», salientou o presidente en funcións, quen engadiu que “o Estado  asumiu o compromiso coa Unión Europea (UE) de modificar o Imposto de Sociedades”.

«Tras moitos atrancos e traballo conseguimos despexar o horizonte legal para poder competir en pé de igualdade co resto de estaleiros», concluiu Feijóo quen advertiu que  o sector seguirá tendo dificultades, “de financiamento, sobre todo”.

 

También te puede interesar