Galicia

O Concello de As Neves impulsa unhas xornadas centradas na atención de persoas dependentes e anciáns

Dende o pasado luns 12 de novembro e ate o vindeiro 17 de decembro, o Concello de As Neves organiza unhas Xornadas Formativas de Promoción da Saúde impartidas por varios especialistas. Segundo salienta a tenente de alcalde, “trátase dunhas xornadas abertas á participación de todas aquelas persoas que teñan a alguén dependente na casa ou que estén coidando a algún familiar maior ou aqueixado dalgunha doenza que requira atención constante”.

Maria del Carmen Gil salienta que as persoas interesadas nestas xornadas son, “ademáis de coidadores non profesionais, que teñen que facerse cargo dos seus país, parellas ou fillos, profesionais que prestan axuda a domicilio, alumnos de Formación Profesional especializados en sanidade ou traballadores de residencias e cantros de día”. Gil afirma que os temas a tratar estos días están de plena vixencia posto que “unha boa parte da vida das personas con problemas de mobilidade ou enfermidades incapacitantes, transcorre na casa”, ademáis de tratarse de situación “cada día máis frecuentes polo enevellecemento da poboación”.

En base a estas directrices, o programa fai un repaso polos diferentes tipos de demencias, “e a prevención do deterioro mental, que é posible mantendo unha vida activa física e mentalmente”; a depresión, “que en moitos caos vai engadida a este tipo de doenzas”; un achegamento a algunhas delas coma o Parkinson, ou a necesidade de impulsar a actividade físicaque está comprobado que é unha das axudas máis efectivas para manter a calidade de vida”.

Ademáis unha psicóloga, falará do maltrato na terceira idade, de algo tan importante como os autocoidados dos coidadores, “trátase dunha necesidade casi vital, xa que falamos de persoas que prestan unha atención ininterrompida…24 horas ao día todos os días do ano, de noite e de día”, indica María del Carmen Gil.

Unha enfermeira tratará da necesidade de coidar a hixiene postural, “tanto no que atingue aos anciáns ou aos dependentes, coma aos propios coidadores, xa que deles depende a vida diaria destas personas”, e falará de cómo manter unha nutrición axeitada, facendo fincapé, tanto na prevención mesma de problemas de sobrepeso, ou de corazón, coma en saber aproveitar o que todos coñecimos na casa: as comidas de tempada, moi propias de Galicia e nas que o xantar estaba condicionado polo que se cultivaba en cada época do ano”.

As xornadas, ás que asisten preto de 40 personas, impártense no Centro Social de As Neves, todos os luns, dende as 5 da tarde e nelas, ademáis dos consellos dos especialistas, os asistentes poden facer preguntas e exponer as súas experiencias e casos concretos.

 

You may also like