Comarcas

O BNG pide ao Ministerio de Cultura que restitúa a subvención ao Festival de Cans

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativano Congreso para pedirlle ao Goberno que restitúa a subvención do Ministerio de Cultura ao Festival de Cans, por importe de 10.000€.

A deputada nacionalista lembra que o Executivo central contribuiu con 10.000€ á celebración do certamen no pasado 2011, máis para a edición deste ano decidiu suspender todo tipo de subvención. “Somos conscientes do difícil e complicado marco de crise económica pero adoptar unha medida tan drástica como a negación de calquer axuda a un referente do Audiovisual galego é algo máis que discutíbel”, argumentou Davila Fernández, pero que “eliminala por completo non é o camiño”.

O BNG  sinala que a eliminación desta axudas supón un duro revés que afecta seriamente á liquidez do evento e reprocha ao Goberno que use unha doble vara de medir, “desincentivando especialmente as produccións cinematográficas en lingua propia ou as iniciativas como a do Festival de Cans”.

Fernández Davila destaca a importanza que acadou este Festival que nasceu no 2003 por iniciativa dos membros da Asociación Cultural Arela. “Desde a primeira edición o Festival contou cun importante recoñecemento por parte da prensa e coa asistencia e participación de personalidades destacadas do mundo do cine. Con cada edición a súa fama foi en aumento”.

A deputada dirixe unha batería de preguntas ao Ministerio de Cultura para que repense “unha decisión tan taxante e aporte de novo fondos ao Festival de Cans”.

E, ademáis:

Cans precisa patrocinadores para manter o festival de cine

Wert mete la tijera al Festival de Cans

También te puede interesar