RGPD - Cookies

Beiras, presidente de idade do Parlamento, «estou tentado de disolvelo e convocar novas eleccións»

O novo Parlamento de Galicia quedou constituido pasadas as 11 da mañán cando a Mesa de Idade, presidida por Xosé Manuel Beiras, deu lectura aos nomes dos deputados elixidos nas pasadas Eleccións do pasado 21 de outubro. Beiras, quen indicou que era conscente de que “esta situación efímera na que me atopo non é por méritos própios, nen persoais nen políticos, senon por un feito biolóxico: ser o máis vello de todos nos”, deu por constituida a Cámara reclamando o poder real da mesma.

“Seica neste intre este é o único órgano de poder de Galicia, posto que aínda non foi elixido o novo presidente do Goberno galego”, sinalou, antes de engadir que “estou tentado, desde esta posición temporal de presidente efímero do Parlamento de disolvelo mesmo e voltar a convocar eleccións, na seguridade de que o resultado sería distinto do pasado mes de octubre”.

O veterano líder de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), acrarou que tratábase dunha “brincadeira, non sería propio de min facer tal cousa e menos deixar ao señor Núñez (en referencia ao presidente en funcións da Xunta), sen o seu nomeamento”. Por iso, continuou, “que quede crara que non hai vontade algunha pola miña parte de menosprecialo”.

Neste punto, Beiras fixo mención a ‘O ollo de vidro’ a obra de Castelao, para xustificar a broma e engadiu que para moitos o exemplo de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao supuxo un exemplo de vida e da traxectoria política…mesmo hai un premio, instaurado pola Xunta, que leva o seu nome e que recibiu algún que o chamou ‘rojo separatista’.

Acto seguido procedeuse á alección da Presidencia do Parlamento que, como estaba previsto, tendo en conta a maioría absoluta do Partido Poular, recaeu en Pilar Rojo, que xa estivo á fronte da Cámara na pasada lexislatura”.

 

También te puede interesar