Galicia

Piden a dimisión do concelleiro de Industria logo de coñecerse a non adxudicación de Alfageme

A CIG esixe responsabilidades ao Conselleiro de Industria e aos Alcaldes do PP da Comarca do Salnés despois de coñecer a decisión do IGAPE de non adxudicar a ningunha empresa o proxecto empresarial de Alfageme.

“Unha vez máis a incompetencia da Xunta do PP deixa morrer un proxecto empresarial viable e a 150 traballadoras/es na rúa por intereses partidistas”, indica a central nunha nota remitida aos medios.

O pasado 18 de xullo, a Confederación Intersindical Galega (CIG) reclamoulle  á Consellería de Industria que cumprise o seu compromiso e liberase os avais para que a firma poidese ser vendida ao Grupo Consorcio, o que permitiría o mantemento da actividade e dos postos de traballo nas plantas de Vilaxoán e Ribadumia.

Naquela época, o sindicato nacionalista salientou que a decisión xudicial na que a Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso presentado pola familia Lago, propietaria da conserveira Alfageme, para frear a execución dos avais de 35 millóns de euros que o Igape lle concedera á compañía, ratificaba as súas demandas. Foi por elo, que demandaron da Xunta que cumprise os seus compromiso é procedese á “execución dos avais”, o que, indicaba o sindicato, posibilitaría a cancelación das débedas coas entidades acredoras e permitiría a venda da compañía conserveira.

 

También te puede interesar