Deportes Vigo al minuto

O Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia presentará este domingo a sus más de 600 deportistas

Presentación oficial da pasada temporada 2011/2012 en Navia

Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia quenta motores e organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a presentación oficial da tempada 2012/2013.

Segundo informa este xoves a entidade, nesta presentación oficial o club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a máis de 600 deportistas, aos que se lle suman os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade.

A celebración da presentación oficial 2012/2013 terá lugar o vindeiro domingo, día 18, a partir das 18:00 horas no pavillón municipal de Navia.

No acto se presentarán aos 23 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 11 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura actual da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2012/2013 do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

Desde tódolas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal invitamos a tódolos interesados a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, entidade que ano tras ano segue mellorando a súa estructura e crecendo apostando polo deporte base da nosa cidade, sendo unha das mellores canteiras actuais de Galicia.

 

También te puede interesar