Comarcas

A Deputación inviste 2,4 millóns para servizos sociais de 53 concellos con menos de 20.000 habitantes

O presidente da Deputación de Pontevedra e alcaldes dos 53 concellos da provincia que teñen menos de 20.000 habitantes, asinaron hoxe un convenio para cofinanciar os Servizos Sociais Comunitarios Municipiais.

A Deputación destina a esta iniciativa un total de 2,4 millóns de euros que posibilitará o pago das nóminas de 350 empregados, 250 do Servizo de Axuda no Fogar e 100 técnicos, e que, como salientou Rafael Louzán, “beneficiará a miles de personas da poboación de 397.529 habitantes que viven meses concellos”.

Co convenio, a Deputación financiará os seguintes tres servizos: o Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de prestación básica; a contratación do Persoal dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios; a retribución do persoal dos centros municipais de Servizos Sociais comunitarios específicos

Este convenio abre as portas dunha nova colaboración directa da Deputación cos concellos medianos e pequenos nunha materia de máximo interese e das que máis preocupan aos alcaldes como son os servizos sociais, a atención aos veciños e veciñas que máis o precisan. “Co acordo, os concellos van ter a garantía absoluta non só de que van poder seguir prestando estes servizos, senón que o mellorarán”, indicou o presidente do organismo.

O Servizo de Atención no Fogar permite darlle asistencia personalizada no seu propio domicilio a aquelas persoas que precisan de axuda para a súa vida diaria: para a súa hixiene, para a súa alimentación, para o coidado do fogar, así como atención psicosocial, sanitaria e educativa.

“A Deputación fixo un extraordinario esforzo para ir máis alá na aportación para Axuda no Fogar que a Xunta fixera en 2010”, indicou Louzán, quen engadiu que  a institución provincial asumiu como compromiso seu máis de 1 millón de euros: no  2010, “a Xunta aportara 1,1 millóns; no 2011, apenas 226.000 €; e agora, a Deputación aporta 1 millón máis que a Xunta no 2010 e achega a cuantía aos 2 millóns de euros”.

O reparto por concellos da citada cuantía, que fíxose con criterios obxectivos tendo en conta parámetros establecidos pola Xunta como área urbana, metropolitana, semiurbana ou rural; índice de envellecemento e de  dependencia; orografía; envellecemento ou número de centros municipais, queda así: Agolada, 46.580 €, Arbo, 44.550, Baiona, 36.851, Barro  31.590, Bueu  45.973, Caldas de Reis, 50.906, Cambados  45.071, Campo Lameiro 9.754€, Cañiza 29.893, Catoira 19.189,  Cerdedo     17.96, Cotobade 30.014,  Covelo 31.562€, Crecente           25.837, Cuntis  , 33.067, Dozón 30.308, Forcarei, 46.669 €, Fornelos de Montes 8.822,  Gondomar, 44.771, O Grove 50.189, A Guarda 59.865€,  Illa de Arousa, 21.014, Lama, 29.786, Meaño, 72.547, Meis, 31.224, Moaña, 70.049 €, Mondariz, 43.803, Mondariz Balneario, 9.176, Moraña, 5.409, Mos, 65.850, As Neves, 23.291, Nigrán 37.478€, Oia, 12.020, Pazos de Borbén, 16.227, Poio72.611, Pontecaldelas, 34.846€,  Pontecesures, 17.913, Porriño, 61.342, Portas, 29.806, Ribadumia, 29.296, Rodeiro, 22.832, O Rosal, 27.847 €, Salceda Caselas, 59.340, Salvaterra de Miño, 49.016, Sanxenxo, 43.708,  Silleda, 36.676, Soutomaior, 19.061, Tomiño 63.103, Tui, 58.867, Valga, 121.813, Vila de Cruces, 49.284, Vilaboa, 19.225 e Vilanova Arousa, 82.938 €.

 

También te puede interesar