RGPD - Cookies

Rafael Louzán «hoxe por hoxe a Deputación manten os servizos que prestan os pequenos concellos»

N. FERNÁNDEZ / A.ALBALADEJO.- Rafael Louzán é, dende a ‘xubilación’ de José Luis Baltar, en Ourense, o decano dos presidentes das catro diputacións galegas. A piques de cumplir 45 anos, leva preto dunha década á fronte da Deputación de Pontevedra, cargo ao que chegou dende o Concello de Ribadumia, do que foi tenente de alcalde. É o terceiro presidente das catro deputacións que entrevista vigoalminuto, logo de José Manuel Baltar e José Ramón Gómez Besteiro, quixemos falar con eles para que explicasen qué son e qué fan estes organismos dos que se reclama a súa supresión.

Vigo al minuto.- Empezamos coa mesma pregunta que lle fixemos aos outros presidentes, díganos, para qué sirven e qué fan as deputacións?

Rafael Louzán.-  Pódese resumir nunha idea central: atender aos pequenos e medianos concellos da provincia…hai que ver de onde vimos…esta institución ten 176 anos, naceu para garantir o desenrolo dos concellos, para contribuir ao desenrolo de infraestructuras de todo tipo, viarias, deportivas, culturais…, agora esa sigue sendo a súa esencia ainda que teñen razón os que sinalan que  nestes anos, no caso da Deputación de Pontevedra, preto de dous séculos, quizá non houbo unha revisión…non so das deputacións, senon do papel, das funcións e, sobre todo da coordinación no traballo de todas as administración…

VAM.- …esto qué quere decir? Non é recoñecer que hai duplicidade de función e, por tanto, duplicidade de gasto?

R.L.-claro, somos cinco niveles administrativos… e faise moi complicado para os cidadáns saber qué función ten cada un…a eso hai que engadir que, no caso da Deputación, chegamos a ter competencias sanitarias, ate hai pouco había un hospital do cal era titular esta casa, que xa está transferido, que xestionamos un centro de menores, que ten un custo superior aos 12 millóns de euros…e preto de 2.000 kilómetros de estradas…2000 kilómetros!, que son titularidade desta administración…ademáis doutras infraestructuras, coma un millón de metros cadrados en cincuenta edificios repartidos por toda a provincia…esto indica que é verdade, abarcamos competencias en moitos eidos e é necesario delimitar, fixar e tracexar as mesmas e diferenciarlas claramente das que ten a Unión Europea, o Estado, a Xunta e os propios concellos…é esa a revisión administrativa á que me refería…

 

«XUNTO CON CITROËN, SE FALAMOS DE EMPREGO, A DEPUTACIÓN É, XUNTO CON CITROËN, A ‘EMPRESA’, CHAMÉSMOLLE ASÍ, MÁIS IMPORTANTE DA PROVINCIA»

 

VAM.-…pero esa revisión terá que levar aparellado unha racionalización dos recursos…

R.L.- sen dúbida, sen esa racionalización non se pode  obter a máxima efectividade na xestión e, ademáis, a revisión ten que afondar na coordinación e a colaboración entre administracións, sen dúbida ningunha.

 

«A FUNCIÓN DA DEPUTACIÓN PÓDESE RESUMIR NUNHA IDEA CENTRAL: ATENDER AOS PEQUENOS E MEDIANOS CONCELLOS DA PROVINCIA…ESE TEN QUE SER O SEU COMETIDO PRINCIPAL»

 

VAM.- Entón, cal é o seguinte paso?

R.L.– Coa nova modificación da Lei de Bases de Réximen Local deuse parte de ese paso, no que significa a definición das función de cada quen e evitar ‘pisarnos’, por decirlo dalgún xeito…mire, se hai algo que molesta aos cidadáns e que estemos todos facendo o mesmo…e sen deixar subterfuxios, aos que somos, teño que recoñecelo, tan tendentes os políticos. Pola nosa banda, agora mesmo, estamos nese camino, o da efectividade, a racionalidade…empregar axeitadamente ate o último dos recursos, temos o obxectivo de reducir a débeda a cero en seis anos…

VAM.- …falaba de que a razón de ser da Deputación é atender e axudar aos pequenos concellos, en qué medida dependen para a súa subsistencia da Deputación?

R.L.-…pois nalgo tan esencial como atender os seus servizos, os concellos non dan atendido os servizos que teñen…porque asumen unha gama tan alta que xa non poden atender a eles…por iso a Deputación ten que prestar asistencia técnica, personal, de medios económicos…un exemplo: nuns días presentamos un plan de recollida de residuos para 40 concellos…este é o camino, e o seguimos noutros ámbitos, coma so suministro de enerxía, tamén para un número similar de concellos…o mesmo que de telefonía…hai que buscar a unión, a fortaleza e crear unha estructura para manter esos servizos…

VAM.- …qué pasa cos concellos máis grandes, como o de Vigo, no que vive unha parte moi importante da poboación da provincia?

R.L.- …o Concello de Vigo ten máis presuposto que a Deputación e ten medios propios para poder atender os seus servizos, o mesmo pasa en Pontevedra e nos que teñen máis de 30.000 habitantes, estos son os que mellor se defenden, os que poden afrontar, dende unha xestión axeitada, a complementación dos servizos mentras que os máis pequenos están pasando por serias dificultades e temos a obriga de axudarlles.

 

«CLARO QUE HAI QUE FACER UNHA REVISIÓN DAS DEPUTACIÓNS, COMA DO RESTO DAS ADMINISTRACIÓNS, DEIXANDO CLARO QUÉ COMPETENCIAS ASUME CADA UNHA»

 

VAM.- En relación con Vigo, dúas preguntas, unha: de que xeito vai afectar o funcionamento da Área Metropolitana ás competencias da Deputación? e, dúas: cando o alcalde de Vigo fala de que a Deputación non enviste na cidade, qué parte de razón cree que ten?

R.L.- Empezando pola segunda parte, o primeiro que hai que ter é credibilidade, o alcalde de Vigo non a ten…a súa credibilidade é cero, ningunha, porque, coma vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) di que as deputacións deben de estar para para atender, exclusivamente, aos municipios de menos de 20.000 habitantes e cando volve a Vigo di o contrario…por elo a súa credibilidade que ten é ningunha…non pode decir unha cousa en Vigo e outra cando sae da cidade. Dende logo que a Deputación está invertindo en Vigo, e iso que él boicotea a colaboración de calquera administración, sexa a Xunta, sexa a Deputación ou sexa o Estado…a Deputación está traballando polos cidadáns de Vigo, colaborando con diversos colectivos de ámbito cultural, deportivo, empresarial, social…como sempre…poderíamos facer máis?posiblemente, sen dúbida, se non houbese esta obstrucción permanente por parte do alcalde de Vigo que, á vista está, é incoherente…baste coma exemplo o que dí coma alcalde e o que di coma vicepresidente de FEMP…cómo non vai a estar traballando e investindo en Vigo a Deputación de Pontevedra se viven ali un tercio dos cidadáns da provincia?…

VAM.-…e no que se refire a Área Metropolitana?…

R.L.- …hasta que se desenrole o decreto non temos aínda nada pero, por suposto, estamos abertos ao diálogo…non hai que perder de vista o obxectivo, que non é outro que fortalecer a área industrial e económica de Vigo…e a Deputación non vai a ser un atranco nunca…ao contrario, non hai que esquencer que falamos da cidade máis grande de Galicia e do seu motor económico e industrial.

 

«ESTAMOS NESE CAMIÑO, O DA EFECTIVIDADE E A RACIONALIDADE, O DE EMPREGAR AXEITADAMENTE OS RECURSOS E TEMOS O OBXECTIVO DE DEIXAR A DÉBEDA A CERO EN SEIS ANOS»

 

VAM.- Esta é unha pregunta obrigada nunha época de crise coma a que vivimos, qué está a facer a Deputación para favorecer a creación de emprego?

R.L.- O certo é que as administración locais non están para crear emprego directamente, pero non é menos certo que cando hai que afrontar unha crise tan forte como esta, temos, e a sí o fixemos, que poñer en marcha medidas de apoio ás familias e ás empresas…a Deputación, traballando cos municipios pequenos e medianos, creou máis de 2000 empregos con contratos de, a lo menos, 6 meses, para garantir aqueles servizos do que falamos antes…non é moito, tendo en conta o paro que hai na provincia, pero sí que entendimos que era o xeito de fortalecer, de axudar, de garantir o funcionamento deses concellos. A maiores, a Deputación, por medio dos programas que pon en marcha, vía empresas, emprega a máis de 3.500 persoas cada mes, persoas que traballan nas obras da Deputación, ademáis dos 700 funcionarios desta institución…creo que, xunto con Citroën, a Deputación, dende esa óptica, é a empresa, chamésmolle así, máis importante da provincia.

 

«O ALCALDE DE VIGO NON TEN CREDIBILIDADE NINGUNHA, COMA VICEPRESIDENTE DA FEDERACIÓN DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS DI QUE AS DEPUTACIÓNS ESTÁN PARA ATENDER AOS MUNICIPIOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES E CANDO ESTÁ EN VIGO DI O CONTRARIO»

 

VAM.- Nuns días debátese no Congreso unha proposta de lei que plantexa a supresión das deputacións, qué opinión ten sobre este asunto?

R.L.- Que as deputacións teñen que adecuarse aos tempos é innegable…o goberno central o entende tamén así e, por elo, vai aprobar unha lei en marcha que vai a poñer en riba da mesa moi pronto…en relación co oportunismo político dun partido que non goberna en ningunha deputación, nen ten posibilidades de facelo, paréceme que é, simplemente, buscar notoriedade…mesmo o Partido Socialista caeu neste oportunismo decindo, cando non goberna unha deputación, que debe suprimirse, e cando o fai, que debe manterse…nen en Galicia ten unha postura única; o presidente da Deputación de Lugo dí que estes organismos teñen que manterse e o candidato á Presidencia da Xunta apostaba pola súa supresión…o Partido Popular mantivo sempre a mesma postura: as deputacións son esenciais no artellamento do Estado agora, eso sí, hai que adecuar o seu funcionamento e a súa estructura aos tempos actuáis e iso imos facer.

 

También te puede interesar