Galicia

O Plan de Investimentos da Deputación achega este ano 18 millóns para 265 proxectos

O presidente da Deputación presentou este luns ós 265 proxectos que 60 concellos da provincia achegaron ao Plan de Inversións dotado este ano 2012 cunha contía de 18 millóns de euros. Segundo explicou Rafael Louzán todos eles suman unha contía de máis de 12 millóns de euros e supoñen o 75% do Plan.

Louzán salientou que a entidade provincial “déuselles a oportunidades ós concellos de destinar un máximo do 30% do orzamento ó pago das débedas que tivesen contraídas con acredores, entidades bancarias ou institucións, así como para gasto corrente (luz, auga, electricidade ou recollida de lixo), sen embargo, os concellos só solicitaron 4 millóns de euros, o que supón o 25% do total, para estes fins.

O presidente da Deputación, destacou sobre este respecto que “este plan permítenos saber cal é a situación económica real de cada un dos concellos e a pesar da difícil situación e da posibilitade de ter solicitado ata un 30% só solicitaron o 25% o que nos da a entender que hai unha situación de saneamento importante”, comentou, tras explicar que os concellos en todo caso teñen que xustificar as débedas que pretenden cubrir con estes fondos da Deputación.

Deste xeito, dos 18 millóns de euros, 12 irán dirixidos á execución de 265 proxectos de obra; 4 millóns ó pago de débedas dos concellos; e os 2 millóns de euros que restan ata sumar a cantidade total, explicou Louzán, “destinaranse a premiar a aqueles concellos que apostaron pola inversión fronte o gasto corrente, pago de débedas e acredores, e que non o necesitan pola súa boa xestión”. Tamén, dixo, á posta en marcha de proxectos de ámbito supramunicipal; e finalmente, tamén ós concellos que trasladen a xestión de servizos municipais ás novas plataformas de xestión que lidera a Deputación para optimizar recursos e gastos para concellos e cidadáns (Bombeiros, lixo, etc.).”.

En todo caso, a institución priorizará os proxectos que favorezan as  condicións para a recuperación económica, para unha estratexia de crecemento, que supoñan inversións produtivas e que sirvan para a recuperación medioambiental e patrimonial.

Tipoloxía das obras solicitadas

As obras que propuxeron por parte dos 60 concellos partícipes do Plan de Investimentos da Deputación son fundamentalmente para a execución de obras de saneamentos no rural e servizos básicos; humanizacións e melloras de seguridade vial; obra de abastecemento; mellora de rúas;  rehabilitacións de edificios; urbanizacións; sendas medioambientais; adquisición de equipos informáticos; camións; melloras en mercados e locais, actuacións de aforro enerxético ou obras civís.

Rafael Louzán, calcula que este plan posibilitará a ocupación de 1.000 postos de traballo no ano 2013 o que, destacou que tamén contribuirá a manter a actividade económica nestes municipios.

Cumprir a Lei de Morosidade

“En definitiva non queremos que a crise non paralice o investimento público; queremos favorecer as condicións para a recuperación económica; e manter o nivel de infraestruturas e de servizos básicos que teñen os concellos”, aseverou o presidente.

Finalmente, o titular da Deputación avanzou que a mesma vai poñer en marcha todos os mecanismos para acelerar  a concesión destas axudas e a contratación das mesmas “para que os concellos paguen antes do 31 de decembro as súas débedas e cumpran así a Lei de Morosidade”.

 

También te puede interesar