Vigo al minuto

Esquerda Unida pide a implicación de tod@s os vigueses na folga do14N

Para Esquerda Unida (EU) hai moitos motivos para secundar a folga xeral deste mércoles, 14N, entre outras cuestións, que un de cada catro vigueses está fóra do mundo laboral. Por iso, desde a formación política pide aos cidadáns de Vigo que fagamos un paro de 24 horas tanto no ámbito do traballo como no social.

Non pode ser unha folga estrictamente ligada aos centros de traballo, obligatoriamente ten que estar sustentada nos estudantes, xubilados e pensionistas, e autónomos”, sublina EU a través de comunicado de prensa.

No mesmo, EU afirma que este 14N será un catalizador social desa necesaria unión entre o mundo do traballo, da cultura, do ensino, da militancia social e veciñal “para que a folga do 14N sexa un éxito do cal partir para recuperar os dereitos laborais destruídos polos sucesivos gobernos do PP e do PSOE”.

A formación pide que se fagan esforzos de seguir no traballo unitario con outras organizacións sindicais que tamén van xogar un papel importante nesta convocatoria de folga.

Os deputados de Alternativa Galega de Esquerdads (AGE), xunto coa militancia de EU, traballaran nestes días previos e no mesmo día da folga para que a convocatoria sindical sexa todo un éxito, exercendo de xeito responsable ese mandato das urnas o pasado 21 de outubro de “parar as políticas de dereitas” que a cidadanía expresou colectivamente co seu apoio as candidaturas de AGE.

Por certo que EU participará colectivamente con pancarta propia e coa presencia de Yolanda Díaz na manifestación que sairá ás 12:00 horas da Praza de España en Vigo.

También te puede interesar