Galicia

Cans precisa patrocinadores para manter o festival de cine

Por iso ven de lanzar unha campaña para a captación de patrocinadores e apoio privado para poder “facer viable” a décima edición do mesmo, prevista para o vindeiro mes de maio. Esta iniciativa fíxose unha necesidade imperiosa logo de saber que o Ministerio de Cultura retirou a subvención para esta edición e logo de non saber aínda cales serán as axudas da Xunta.

Nunha nota de prensa, os organizadores do Cans indican que abriron novos camiños para obter recursos económicos e que, dende esta semana e ate finais de ano, contactarán con empresas de todos os sectores e tamaños para “involucrarlas no festival”. Para elo, ofrecerán a cada firma “un xeito diferenciado de estar presente no evento e ter notoriedade”, o que supón que farase para cada marca “unha proposta única, buscando o punto no que incidan o espíritu do festival e a filosofía de cada empresa”.

Por elo, ofrecerán a cada unha delas a posibilidade de patrocinar elementos e lugares característicos do festival, coma os ‘chimpines’, os ‘jalpóns’, o ‘Jaliñeiro Unplugged’, as al alfombras rojas ou a ‘leira dos coloquios’, «de xieto que daremos visibilidade aos patrocinadores mantendo a singularidade de Cans”. Por iso mesmo a organización do festival pide a “complicidade dos nosos seguidores” para chegar ás empresas que queran apoiar o evento.

Para aqueles de vos que queirades apoiar a manter o festival de cine podedes contactar coa organización enviando un correo a este enderezo: [email protected] ou chamando ao teléfono 695379968.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.