Estabas avisado…o plan desta fin de semana estaba en Riós

Xente que aporta. Eso é o que había este domingo na Feira da Castaña e do Cogumelo de Riós, en Ourense, unha xuntanza pensada para promover dous dos activos deste concello, de pouco máis de 2.000 habitantes,  consta de 35 entidades de poboación que se agrupan en dez parroquias. A cita deste ano, ademáis de para divertirse, algo do que se encargou, e cómo, a Charanga Tameiga, de Verín,  ampliouse un día a súa duración para dar acollida, ademáis da propia festa gastronómica en sí, a múltiples actividades culturales, deportivas e de lecer, que foron dende recitáis, pasando por xuntanzas de emprendedores, dúas rutas ciclistas de 28 e 47 kilómetros e mesmo un ‘concerto’ acústico de Toñito de Poi, recen chegado da selva amazónica.

Os centos de personas que se achegaron a Riós, un concello que está especializándose en sorprender ao personal, como poden atestiguar as máis de 5.000 personas que estiveron este verán ao seu Festival de Cine, poideron degustar, ademáis das castañas e os cogumelos, chourizo, viño, e varios dos pratos típicos da zona que, un 4 de novembro e naqueles lares, maila a choiva, fan rir, dixerir, nunca enfadan, sempre agradan e poñen a cara encarnada.

Sen embargo, con todo, para vigoalminuto, o mellor, sen dúbida algunha, foi a acollida do actor Rubén Riós, un home tan cálido e cercano coma a súa familia, dende os seus pais á súa irmá, que abriunos as portas da súa casa, sentounos á mesa, non deixou de estar pendente de nos nen un anaco, e fíxonos parte dos seus. Rubén, ademáis de talento para as artes, e unha memoria “prodixiosa”, segundo confesounos o seu padriño, ten unha habilidade natural para facer que un se sinta máis que agusto, dende a aperta de benvida, ate a de despedida, pasando por isa capacidade da que falabamos ao principio: a de aportar. Aportar a crear vencellos amistosos, a levar o cine, a música, o teatro ou o deporte ao pobo do que tomou o nome, e obter o mellor de un amosando o mellor del…que empeza con esos brazos abertos cos que nos recibiu.

 

También te puede interesar