Galicia

Coa morte de Cifuentes, só 4 dos 7 presidentes de Deputación de Pontevedra seguen vivos

Os 7 presidentes que tivo a Deputación de Pontevedra (foto tomada en 2004)

Coa morte de Federico Cifuentes o pasado xoves, só 4 dos 7 presidentes que tivo a Deputación de Pontevedra no periodo democrático permanecen vivos: Mariano Rajoy (1983-1986), César Mera (1990-1995), Manuel Abeledo (1995-2003) e Rafael Louzán que preside o organismo provincial dende o ano 2003.

Os outros tres falleceron recentemente: Fernando García del Valle, que fora presidente de 1986 a 1987; José Cuiña Crespo, de 1987 a 1990; e Federico Cifuentes Pérez, presidente entre 1979 e 1983, que foi enterrado hoxe no cemiterio de San Vicente do Grove despois de falecer aos 81 anos de idade, na Coruña.

A conmemoración dos 25 anos de Corporacións Democráticas, que orgaizara a Deputación de Pontevedra en 2004, foi a única ocasión en que os sete citados presidentes se reuniron conxuntamente nun acto no que tamén participaran todos os deputados provinciais habidos dende o inicio da democracia, que emanou da Transición, en España.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.