Comarcas

Máis de 1.500 moz@s pasaron pola carpa ‘Xuventude en movemento’ da eurocidade Tui-Valença

Arredor de 1500 persoas asistiron as actividades organizadas ao abeiro da campaña ‘Xuventude en movemento’ que o pasado venres e sábado organizou na Eurocidade Tui – Valença a Comisión Europea e a Xunta.

‘Xuventude en Movemento’ foi unha iniciativa da Unión Europea para dar resposta aos retos a que se enfrontan na actualidade os mozos e mozas e así axudalos a que teñan éxito na economía do coñecemento. Trátase dun programa marco da Estratexia Europa 2020 que pretende fomentar a mobilidade, a educación, o emprego e o espírito empresarial entre a xuventude.

Para o alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, e unha grande satisfacción comprobar como a principal finalidade deste campaña informativa dos programas europeos en materia de xuventude con especial incidencia en formación e emprego foi cumprida amplamente e como numerosos mozos e mozas de Tui e a súa contorna achegáronse ata a carpa instalada no céntrico Paseo da Corredoira para recabar información sobre estas materias.

A creación da eurocidade Tui – Valença e o impulso que realiza á cooperación transfronteiriza foi a principal razón para campaña en Tui e que comparte con cidades como Sevilla, Murcia Zaragoza, Porto e Lisboa, lugares onde estará esta actividade de ‘Xuventude en movemento’.

É a primeira oportunidade en que esta actividade se realiza con caracter transfronteirizo. Amais a eurocidade acolleu a máis de 170 erasmus procedentes das universidades de Galicia e o Norte de Portugal que estiveron ao longo destas dúas xornadas participando nas actividades previstas.

O  obxectivo da actividade é a prol do emprego e a formación dirixidos especialmente aos mozos e mozas aos que este Concello ten ofertado un Plan de Emprego Local, catro cursos de formación ocupacional e outras actividades formativas e de promoción cun importante investimento económico.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.