Galicia

Yolanda Díaz, “temos que facer que a folga xeral sexa un éxito e estarei nela coma piquete”

Asi de crara foi a diputada electa por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), Yolanda Díaz, este domingo nunha entrevista concedida a Radio Nacional (RNE). A número dous  de Xosé Manuel Beiras asegurou que a primeira batalla que ten xa AGE, logo de chegar ao Parlamento de Galicia, é organizar a folga xeral” do vindeiro 14 de novembro na que, adiantou será un piquete máis, coma noutros paros.

Díaz ha repetido o que xa dixera na campaña electoral, que “AGE ten que organizar a rebelión cívica na rúa posto que no Parlamento non se producen cambios sociais”. Por iso, reiterou, “onde temos que combater  ao poder e derrotar á troika e as políticas de Feijóo é na rúa”.

Neste senso salientou que “AGE ten que ser o altofalado da cidadanía e facer unha oposición radical: esa oposición morna que existiu no Parlamento de Galicia na pasada lexislatura non se vai a producir”, adiantou.

Yolanda Díaz foi terminante, “estamos nunha guerra que, polo dagora, van gañando os de arriba”, polo cal fixo un chamamento á cidadanía para que se movilice “e gañar definitivamente a batalla, por iso o descurso ten que ser radical”.

 

También te puede interesar