Deportes

Presentadas as becas para deportistas de alto nivel de Tui

O Concello de Tui abre a convocatoria para solicitar as Becas para os Deportistas Tudenses de Alto Nivel, que este ano veñen recollidos nunha partida presupostaría de 10.000€.

Así o informaron este xoves o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo Montes, quenes explicaron que o obxecto da convocatoria é a concesión de becas a deportistas tudenses de alto nivel da vila tudense.

Trátase de facilitar a estes deportistas de elite a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de alto nivel, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e á súa vez á difusión que realizan da cidade de Tui en aqueles eventos deportivos de carácter nacional o internacional.

Este ano, o importe das becas irá dende un máximo de 1.500€ ata os 300€ para os deportistas de alto nivel tudenses que acrediten os seus logros deportivos no ano 2012.

As bases e o formulario de inscrición poden descargarse a través da páxina web do Concello de Tui o pinchando aquí.

 

También te puede interesar