Vigo al minuto

O alcalde pedáneo e os vocais de Bembrive pasan a cobrar 15.969 e 17.590 € anuais, respectivamente

A Entidade Local Menor de Bembrive, tras o acordo adoptado pola súa Xunta Veciñal o pasado 17 de outubro, realizará modificacións nas retribucións e asistencias a órganos colexiados e indemnizacións polos gastos ocasionados no exercicio do cargo do Alcalde Pedáneo e dos vocais.

Segundo o actual mandatario, “ata o mes de Xuño de 2011, durante o goberno do PP na Entidade, os custos supuñan un total de 39.327 €, deles 23.607 € do Alcalde Pedáneo,  8.400 € os vocais do PP ; 3.960 o vocal do BNG e 3.360 € o vocal do PSOE”. A Xunta Veciñal acordou  ao mes seguinte modificar o réxime de asistencias e indemnizacións, polo que o Alcalde Pedáneo (PSOE), supuña un custo total anual de 13.200 €;  os vocais do PSOE, 10.800 € e os vocais do PP, 10.800 €; ascendendo a un total de 34.800 €, “é dicir, que se aforraban 4.527 € ao ano con respecto á etapa do goberno anterior”.

Roberto Ballesteros subliña que, coa experiencia de funcionamento adquirida ao longo de 15 meses, e despois de valorar a dedicación necesaria dos vogais para o bo funcionamento da Entidade, considerouse que as Vogalías delegadas e o propio Alcalde pedáneo teñen as numerosas e importantes tarefas, tales como coordinación de asociacións, atención persoalizada aos veciños, coordinación das brigadas de obras, de atención ao Monte, control das moitas e necesarias obras ou a loita contra a pretensión de supresión das Entidades Menores, xa que a Entidade carece de directivos que realicen estas actividades.

Por todo isto, a Xunta Veciñal decidiu, o pasado día 17, a modificación de retribucións e asistencias a órganos colexiados e indemnizacións por desprazamentos e viaxes dos corporativos de esta Entidade, de xeito que a asistencia a cada unha das sesións da Xunta Veciñal, se retribúan con 30€ para o alcalde pedáneo e a misma cantidade para os vogais, cun límite de 24 sesións anuais, sempre que os mesmos non teñan dedicación parcial ou exclusiva. O alcalde pedáneo pasa a percibir 15.969,36 € anuais,  e os vocais  do PSOE, 17.590,56 €, ademáis, “para poder percibir as retribucións establecidas polo desempeño do cargo en réxime de dedicación parcial será necesaria a dedicación efectiva dos membros da Corporación ao exercicio do cargo, cun horario de 25 horas semanais”.

 

También te puede interesar