Eleccións

PP, 41 escanos, PSOE 18, AGE, 9 e BNG, 7

Co 100% dos votos escrutados xa se pode decir que o Partido Popular acadou 41 escanos no Parlamento de Galicia, unha maioría absoluta reforzada en 3 deputados sobre a de 2009. Os populares fixéronse con 653.934 votos, o 45,72% do total, ainda que o número de galegos que votaron pola candidatura encabezada por Alberto Núñez Feijóo foron 135.500 menos que hai tres anos e medio.

O PP acada 260.941 votos na provincia de A Coruña, o 45,37% e 13 deputados, un máis que en 2009; en Lugo o Partido Popular tivo o apoio de 97.325 cidadáns , 9, fronte aos 8 de hai tres anos e medio, e o 51,46%  ; en Ourense os populares suman 88.337 votos, o 49,05%, e 8 escanos, gañando 1 en relación coas últimas Autinómicas; en Pontevedra, o Partido Popular repite resultados, con 11 deputados,  aínda que perde preto de 60.000 votos, un 4% de papeletas en comparanza co 1 de marzo de 2009.

Pola súa banda, o PSdG-PSOE, obtén un dos peores electorales da súa historia, baixando dos 25 escanos de 2009 a 18, e 230.000 votos, o que representa, preto da metade dos sufraxios, exactamente un 44%. Os resultados dos socialistas son especialmente malos en A Coruña, onde perde tres deputados e a metade dos sufraxios, quedándose a só 2 puntos da trescera forza política, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Os socialistas se deixan outro escano en Ourense, un máis en Lugo e 2 máis en Pontevedra.

Pero, con todo, o gran perdedor da noite é o Bloque Nacionalista Galego, que pasa de 12 a 7 deputados, quédase sen a meteade so seu electorado e pasa a ser a cuarta forza política de Galicia. Os resultados do Bloque son aínda peores tendo en conta que a súa porcentaxe de voto cae un 6%, e que, non so non gaña a AGE en nimgunha provincia, senon que, coma no caso de A Coruña, a coalición de EU e Anova o duplica en votos, como pasa noutros lugares, como en Vigo, no que o BNG non chega nen a esa metade.

Pola contra os gañadores, sen ningunha dúbida, destas eleccións son Xosé Manuel Beiras e Alternativa Galega de Esquerda. A formación entra no Parlamento de Galicia con 9 escanos, o que lle garante un grupo propio, é a terceira forza política do país e logra máis de 200.000 votos, un 14% do electorado, o cal non ten comparanza dende as primerias eleccións galegas de 1981. Ademáis, quésase a 6 puntos do PSdG con, apenas 93.000 papeletas menos que os socialistas.

A quinta forza política de Galicia é Unión Progreso y Democracia (UPyD), que quésase moi lonxe do 5% necesario para estar no Parlamento, mentras que outro partido novo, Escaños en Blanco, supera á formación liderada por Mario Conde e, coa súa proposta de non ocupar os asentos da cámara se chegase a ela, supera os 17.000 sufraxios.

Polo que se refire á participación, baixou nas catro provincias, quedándose en 832.678 personas, maís que as que votaron ao Partido Popular, triplícanse os votos nulos, que pasan do 0,89 ao 2,55%, e os votos en branco pasan do 1,66 ao 2,69%.

Consulta aquí todos os resultados

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.