Eleccións

Yolanda Díaz: alternativa, galega e de esquerdas

Unha ‘entrevista winzip’. Ogallá a definición fose nosa, o comentario chegou dende preto dos seus dous metros de estatura Rubén Pérez, o coordenador de Esquerda Unida en Vigo, cando acabamos de falar con Yolanda Díaz, candidata de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE).
“É que falo moito”, disculpouse Yolanda á que apenas poidemos colocarlle catro ou cinco preguntas dende que que lle fixemos a primeira, ‘cales son as propostas básicas do programa de AGE?’. Boa e mala idea: boa porque sí que conquerimos que nos contase o que quere facer Alternativa Galega de Esquerdas no Parlamento de Galicia, que era o que pretendíamos, mala, porque deixamos outras cuestións pendentes para poder encaixar a entrevista no tempo que tiñamos, ela e nos, antes do mitin no que participou con Xosé Manuel Beiras, onte en Vigo.

“O puntal do noso programa é a creación de emprego”, pare elo AGE propón a creación dunha banca pública galega, revertindo as caixas de aforro á súa natureza orixinal de “entidades de economía social”, ademáis de acabar coa aportación de fondos públicos á banca privada, “é, por suposto, esixir responsabilidades penais aos xestores das entidades”. Elo iría acompañado dun cambio do modelo tributario galego “para garantir que os que máis gañan aporten máis ás arcas públicas”, e atacar o fraude fiscal, “que no conxunto do Estado supón 90.000 millóns de euros”, algo menos do triple do que temos que pagar de intereses pola débeda pública, “e todo porque ate agora non se lle quixo meter a man a eses defraudadores”. A elo engadiríase a supresión dos impostos especiais das Sociedades de Inversión de capital variable, as famosas Sicav, empregadas polas grandes fortunas para non pagar impostos, “é inaudito que un traballador pague máis impostos que un gran empresario, e isto está a pasar”…e “queremos que as rendas que cheguen a 60.000 € teñan un tributo propio, porque parécenos xusto que sexa así”.

Díaz defende que estas medidas pódense adoptar dende o Goberno galego,”por suposto, fixemos algo semellante no concello de Ferrol, creando figuras tributarias novas, “como o é canalizar esas 300.000 vivendas valeiras que hai en Galicia ate os demandantes das mesmas”, creando un parque público de vivendas de aluguer, “moitas desas vivendas son nosas, están en mans dos bancos intervidos, que son propiedade do Estado”, para elo habería, continúa que expropialas, “comezando polas que están ameazadas de desafiuzamento, para paralos inmediatamente”.

Outra das propostas de AGE é a reversión ao dominio público das concesións ao sector privado en infraestructuras, recursos, bens e servizos exstratéxicos. Na súa opinión a capacidade para facer isto pasa por un cambio de vontade política, “é como o caso de Feijóo decindo que está en contra de que se quite a paga de Nadal aos traballadores públicos…paréceme ben, pero o feito e que non votou contra esa medida e, o que é máis importante, coma presidente da Xunta non se rebelou contra dela…e pode decir, sen máis, ‘eu non aplico esta medida en Galicia, non me da a gana…pero non o fixo, e iso depende so da vontade política”.

Yolanda Díaz advirte, “dende o Parlamento non se cambia nada”, por iso propón que esa ‘rebelión’ se faga dende a rúa, “con xente apoiando os cambios dende a rúa”, e repite que estas medidas serían para atacar o principal problema do país, a falta de traballo, “non hai que esquecer que as políticas activas de emprego son competencia exclusiva do goberno galego, por iso hai que priorizar un plan de emprego con recursos públicos en sectores coma o Benestar Social, creación dunha rede de escolas públicas de 0 a 3 anos,o cal xerará postos de traballo de xeito inmediato, e de calidade”, tamen desenvolver centros de día e para dependentes, “e, con estas medidas, ao mesmo tempo, estamos impulsando o consumo, o pequeño comercio, como o fará a rehabilitación de vivendas, movendo o sector da construcción que está completamente paralizado”.

Xunto con estas medidas, a número dous de Beiras menciona outras, coma facer público o sistema de transportes en Galicia ou impulsar o naval, “estamos nun momento no que Europa está construindo buques, hai demanda, nos fallamos porque Feijóo foi o único presidente que non foi capaz de negociar en la Unión Europea un sistema alternativo ao tax-lease, nen por en marcha algo imprescindible para que os asteleiros funcionen: ter financiación”.

Yolanda Díaz avisa de que Alternativa Galega de Esquerdas vai ir ao Prlamento, “non para ser meros representantes, non, senon para que a xente, os cidadáns, entren no Parlamento, e teñen que tomar conciencia delo”, asegura que “é imposible que haxa democracia neste país con 300.000 parados ou 500.000 galegos viviendo na pobreza” e, por iso, sinala, “acabouse o de votar cada catro anos e nada máis: a cidadanía ten que ser consciente dos seus dereitos e os seus deberes e facerse corresponsable da toma de decicións”.

Sobre as perspectivas electorais de AGE este domingo, a candidata soríe, “eu que son unha muller prudente, creo que os resultados van a ser moito mellor do que agradamos”…grupo parlamentar?, preguntamos, a resposta é inmedata, “máis de grupo parlamentar, estou absolutamente segura”.

También te puede interesar