Eleccións

O BNG nega a vigoalminuto unha entrevista comprometida con Jorquera e di que decilo así non é riguroso

Esta información que vas a ler non é nin rigurosa nen obxectiva…claro, segundo a versión do Bloque Nacionalista Galego. O caso é que antes do inicio da campaña electoral, vigoalminuto púxose en contacto cos responsables de prensa do BNG a din de solicitar unha entrevista co candidato á Presidencia da Xunta, plantexando a mesma coma unha grabación de vídeo coas preguntas dos lectores a Francisco Jorquera. O Bloque estivo dacordo na mesma pero, debido aos actos do candidato pedía que enviaramos as preguntas e o departamento de prensa grabaría as imaxes coas respostas e as enviaría a esta redacción. Textualmente decía o mail que recibimos, “Póñome en contacto con vós porque recibimos a vosa petición de entrevista e queriamos saber se podería ser posíbel facela a través de cuestionario, existindo a posibilidade de que vos fixeramos nós a gravación se tamén queredes imaxe. Nestes momentos a axenda está moi complicada xa, o tema dos debates da TVG desaxustou moito as cousas, e teriamos serias dificultades para axustala de forma presencial”. E vigoalminuto accedeu.

Este luns, o BNG ponse en contacto con vigoalminuto e dinos que “finalmente o de Jorquera vai ser imposible en calquera formato porque xa non temos forma de encaixalo na axenda. Podería ser con Carlos Aymerich ou Carme Adán?. Ao que esta redacción resposta que non, que o noso interés era en ter a entrevista co candidato á Presidencia e que non estamos interesados noutros candidatos, advertindo que faremos constar que Francisco Jorquera non concedeu a entrevista comprometida a vigoalminuto.

A resposta a esto é que estamos no noso dereito pero que “decir que o candidato non quixo conceder a entrevista non é nin exacto nin riguroso. Trátase dunha cuestión de axenda e de falta de tempo material, que é algo bastante distinto”.

Na redacción, o becario incluido, preguntámonos  varias cousas, se leemos ben, ou  “existe a posibilidade de que vos fixeramos nós a gravación se tamén queredes imaxe” e  “finalmente o de Jorquera vai ser imposible en calquera formato porque xa non temos forma de encaixalo na axenda” quere decir que Jorquera non concede a entrevista? E outra, haberá tamén problemas para ‘encaixar na exenda’ as promesas electorales que faga o BNG agora se é que chega á Xunta? Se é asi e o contamos, estaremos sendo subxetivos e pouco rigurosos? Vos diredes.

 

También te puede interesar