Galicia

Denuncian que Mario Conde agrediu a un rapaz de 14 anos á saída dun mitin en O Barco

Segundo Sermos Galiza, o candidato de Sociedad Civvil y Democracia (SCD) á Presidencia da Xunta agerediu a un rapaz de 14 anos no Barco de Valdeorras. Mario Conde, que acababa de dar un mitin no Teatro Lauro Olmo, foi increpado polo rapaz logo de que, ao parecer, Conde indicase nun momento do seu descurso que “a política de inmigración debería ser máis dura pois nestes momentos non hai traballo para os españois”. O mozo, fillo dunha muller dominicana, e dosus amigos, agardaron ao candidato á saída  e berraéronlle “ladrón, vaite de aquí!” e “o único corrupto es ti!”.

Segundo a información de Vítor Nieves, Conde, nun primeiro momento respondeulles “ídevos para casa”, pero ao verse seguido polos rapaces, que seguiron berrándolle, o ex banqueiro deulle unha labazada a A.D.C. “ademais de collelo polo pescozo para darlle un empurrón”.

A nai do mozo afirmou que este chegou a casa chorando, e aínda que indicou que non sabe se presentará denuncia, “porque un pobre nunca lle gañou a un peixe gordo e non  quero meterme en líos”.

 

También te puede interesar