Eleccións

Feijóo e Jorquera pechan os debates electorais, este mércores na TVG

A TVG pecha esta noite o ciclo de debates electorais, co cara a cara entre Alberto Núñez Feijóo e Francisco Jorquera. Ás 21.30 horas, e en directo, os líderes do PPdeG e do BNG falarán por espazo dunha hora en torno a tres bloques sectoriais, economía e emprego, benestar e servizos sociais, e autonomía.

Ademais de destinarse un total de vinte minutos para cada apartado, cada un dos candidatos terá dous minutos de tempo para unha intervención inicial e, ao final, un minuto de despedida, sen  existir en ningún dos casos posibilidade de interpelación.

Do mesmo xeito que nos dous anteriores cara a cara, a xornalista Marga Pazos é a moderadora deste último debate bilateral, que pódese seguir en directo, tamén, pola Radio Galega.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.