Comarcas

Mos prepara aos seus adultos na obtención do título da ESO

Concello de Mos ofrece a posibilidade de preparación para as probas libres para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obligatoria (ESO). E para ito, convócase a todos aqueles interesad@s para o vindeiro 18 de outubro ás 12:00 horas á unha reunión para crear o grupo necesario para a impartición das clases titorizadas.

O curso prolongaráse durante os meses de novembro deste ano e setembro do ano 2013, atendendo así ás dúas convocatorias de exames, unha no primeiro semestre do ano, previsiblemente en maio, e outra en setembro.

As clases serán de 4 horas, un día a semana. A metodoloxía empregada consistirá nunha titoría grupal e individual o día de asistencia á clase e de preparación por cada alumno durante toda a semana da materia que o docente estableza dacordo á programación inicial e que ten como obxectivo cubrir as materias necesarias para a obtención con éxito do título de graduado en ESO.

O desenvolvemento das clases e titorías levaráse pola Fundación ECCA, que destina a Mos unha aula en caso de formarse o grupo necesario.

Os resultados acadados nos exames, das persoas que durante o ano 2012 estiveron preparando as probas libres, aníman áo Concello de Mos a seguir na mesma liña, e permitir a moitas persoas que para acceder a un posto de traballo de calidade necesitan o título de graduado en ESO, conseguir superar ese obstáculo, e acadar máis posibilidades de emprego ou de acceso a formación de nivel 2.

Por elo, é importante que se estás interesado acudas a vindeira semana, o día 18, á reunión que se convoca.

También te puede interesar