Comarcas

A circunvalación de As Neves, case rematada

O xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra acudiu este mércores ata o concello de As Neves, a petición do alcalde da localidade, Raúl Emilio Castro, co obxectivo de analizar as obras da segunda fase do proxecto de urbanización da circunvalación que se están a executar.

José Luis Díez coñeceu, durante esta visita, das demandas do concello en relación a pequenos axustes na execución na zona de aparcamento  que se incluíu dentro deste proxecto. “Hoxe tomamos nota de pequenos detalles solicitados polo municipio e comprobamos que os traballos estanse a executar segundo o prazo previsto”, explicou antes de engadir que este aparcamento dará servizo a vehículos lixeiros e autobuses.

Esta actuación, que conta cun orzamento de case un millón de euros, ten un prazo de execución de 12 meses e beneficiará aos máis 5.000 habitantes deste concello pontevedrés e a súa área de influenza.

O principal obxectivo deste proxecto é o ensanche da actual vía, co fin de convertela nunha rúa de dobre carril, mellorándose así as condicións de seguridade vial dos servizos e características propias de rúa urbana; construiranse tamén beirarrúas; aparcamentos nunha ou ambas as marxes, segundo as circunstancias xeográficas e necesidades; canalizacións de saneamento, abastecemento e alumado viario, entre outros.

Esta actuación estase a levar a cabo ao longo de 600 metros de lonxitude e conta con tres tipos de sección transversal. Unha delas terá dous carrís de 3,5 m. cada un, dúas beiravías de medio metro e dúas beirarrúas, unha de 2 metros de ancho e a outra de metro e medio. A segunda sección estará composta por dous carrís de 3,5 m., dous aparcamentos de 2,5 metros e dúas beirarrúas de dous metros; e, por último, a seguinte sección comporase de dous carrís tamén de 3,5 metros, aparcamento, unha beiravía de medio metro e dúas beirarrúas de 2 metros cada unha.

Para isto, será necesario facer unha escavación de máis de 7.400 m3; empregar máis de 4.000 toneladas de mestura bituminosa en quente, 2.560 metros cadrados de loseta hidráulica para as beirarrúas; e colocaranse tamén o balizamento e defensas; a drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización necesaria.

Esta segunda fase  a completar as obras que se remataron a finais de 2011 neste mesmo vial, e que implicaron un investimento de máis dun millón de euros e que lograron mellorar substancialmente a seguridade vial da zona, posto que se levou a cabo a construción de beirarrúas e aparcadoiros en determinados puntos, cos que se resolverán as carencias deste tramo.

 

También te puede interesar