Comarcas

Teatro, música e canto para os cativ@s en Tomiño

Segundo informan dende o Concello de Tomiño, un ano máis ponse en marcha outra edición de actividades de teatro, música e cantos para os cativos. O prazo para apuntar aos máis pequenos remata o vindeiro 11 de outubre.

Por un lado, ofértase un novo curso da escola municipal de teatro que se impartirá no auditorio de Goián. A actividade vai dirixida para nenos de 4 a 8 anos que terían clase os luns de 16:00 a 17:30 , e para os de 9 a 12 anos que  sería os martes de 16:00 a 17:30.

O coro infantil pola súa banda terá clases os mércores de 17:00a 18:30 na Casa da Cultura. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos. Esta actividade está organizada polo Coro infantil de Tomiño.

E, por último, a Agrupación Musical de Goián volve a ofertar unha nova tempada da escola de música. As clases como ven sendo habitual serán no auditorio de Goián. Haberá varios grupos, entre os que temos o xardín musical para nenos de até 6 anos que terán clase os venres de 17:00 a 18:00 e para os maiores de 6 anos clase de solfeo e instrumento os mércores e venres.

Para máis información pincha aquí.

También te puede interesar