Ti decides

A quén votas…ou si votas. Os partidos que se presentan ás Eleccións ao Parlamento de Galicia iniciaron a medianoite a campaña electoral que durará dúas semáns. O candidato de Alternativa Galega de Esquerda e líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, xunto coa coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, fixeron a presentación da súa coalición en Compostela. Acompañado polo son das gaitas e panderetas,  Beiras, pediu aos galegos que apoien á súa formación para “parar as políticas de expolio do Partido Popular”. O veterano político nacionalista, de 77 anos, sinalou que Alternativa Galega de Esquerda é a única alternativa “que está identificade e codo con codo coa cidadanía común explotada, de este país expoliado”.

UPyD

Pola súa parte o candidato á Presidencia por Unión Progreso y Democracia (UPyD), José Canedo, xunto coa líder desta formación no Estado, Rosa Díez, apelaron en Pontevedra á liberdade de elección e, dacordo co seu lema de campaña, ‘Somos libres’, “que é unha declaración de intencións” sinalaron que os cidadáns “son libres de elixir para, co seu voto, cambiar as cousas”. O candidato da formación asegurou que “presuminos do noso nome porque podemos presumir da nosa palabra”. José Canedo salientou que UPyD fai o que di “como poden comprobar os veciños dos lugares nos que temos representación”.

BNG

“O PP ten perdidas as eleccións se os votos nacionalistas e de esquerdas se concentran no BNG”. Asi o aseguro una Praza de Praterías, en Santiago, o candidato do Bloque. Francisco Jorquera pediulle aos cidadáns que rexeiten calquera outra opción, sexa de esquerdas ou nacionalista. Entre berros de “pra facerlles frente, Jorquera presidente!”, o candidato repetiu que “para derrotar ao PP, para poner fin a tres anos de fracasos, mentiras e o incumprimento de Feijóo é clave concentran o voto no Bloque Nacionalista Galego”.

PSdG-PSOE

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, que iniciou a súa campaña en Vigo, acompañado polo alcalde Caballero e o secretario federal de organización, Óscar López, ofreceu o “camiño da esquerda con medidas para crecer e salvar a educación e a sanidade”. Pachi Vázquez dixo que esta é a única alternativa ao “camiño da dereita que ofrece mais paro e mais recesión e menos sanidade e educación” e “sitúanos no vieiro de Portugal e Grecia”. O candidato do PSdG, advertiu que o voto ao PP supón “apoiar que aos enfermos de diálise lles cobren polas ambulancias ou non lles fagan as mamografías as mulleres”. Anunciou “unha proposta distinta” que en lugar de cobrar medicamentos e rebaixar as pensións “lles vamos a cobrar impostos á banca”, e lembrou a proposta de retirar os concertos ás escolas que segregan para pagar a gratuidade dos libros de texto e retirar o copago de medicamentos aos pensionistas.

PP

Pola súa banda, o candidato á reelección, pediu “o voto da estabilidade, da unidade e do crecimiento” para que Galicia “siga respondendo aos retos con soluciones”. Nun acto no Hotel Monumento San Francisco , de Compostela, amenizado polo grupo ‘Los Limones’, Alberto Núñez Feijóo, apostou por “fixar obxectivos ambiciosos” e deu por feito que Galicia non so será a primerira comunidade que medrará, senon “a primeira que inicie a recuperación económica”. O presidente do Partido Popular  de Galicia salientou que “somos os primeiros en responsabilidade e seremos os primeiros en medrar!”

 

También te puede interesar