Galicia

Mariñeir@s do caladoiro mauritano pechánse no Ministerio de Pesca en Pontevedra

Hai dous días en Conxemar e hoxe nas instalaciónes do Ministerio de Pesca en Pontevedra. Falamos do peche simbólico dun grupo de mariñeiros do caladoiro mauritano que realizaron este xoves un peche de protesta para reclamar o cobro íntegro das axudas pactadas tras o cese da actividade.

A comezos da próxima semana manterán unha reunión coa xunta de portavoces do Concello de Marín (PP, PSOE e BNG) e anuncian que se o martes non reciben resposta por parte do Goberno español continuarán coas mobilizacións.

O peche iniciouse pasadas as 11.00 horas coa entrada dun nutrido grupo de afectad@s ao interior do edificio situado na rúa Michelena, onde despregaron varias pancartas reclamando unha solución para o conflito. A protesta remataría dúas horas e media despois, tras seren recibidos polo secretario da Subdelegación do Goberno español, que é o encargado da xestión dos Ministerios.

O responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, explicou que o representante institucional púxose en contacto telefónico con Madrid para trasladarlles as demandas dos mariñeiros.

Os afectados reclaman que se negocie un novo acordo que lles permita faenar, ao tempo que critican a lentitude coa que se está a levar a tramitación das axudas e o engano que supón que agora o Goberno español fixe as contías en 37,45€ diarios para cada traballador en lugar dos 45€ pactados.

También te puede interesar