Vigo al día

Europa premia ao xardín histórico de Castrelos

Los ex socios de Gobierno, Abel Caballero y Santi Domínguez, compartiendo galardón

O alcalde vigués, Abel Caballero, recibiu este xoves o galardón dos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012 un acto no que estivo acompañado polas arquitectas, autoras da iniciativa, e do concelleiro Santiago Domínguez. Foi a propia Reina Sofía a encargada de entregar o galardón.

Trátase da Mención especial dos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012 -na categoría de Educación, formación e sensibilización, polo Percorrido sensorial polo xardín histórico de Castrelos.

A distinción valora o esforzo realizado para facilitar as visitas a este xardín de persoas con deficiencias de visión, a través de innovadores procedementos que xogan con estímulos tactis e olfativos cos que se fai posible a percepción dos seus valores.

En toda España, o xurado do Premio Europa Nostra 2012 concedeu 3 mencións especiais e 5 medallas.

También te puede interesar