Vigo al minuto

Membros da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, péchanse no Xeral

E non so no hospital de Vigo, senon en outros edificios administrativos e sanitarios de toda Galicia, coma Ourense e Santiago, para protestar polos recortes impostos pola Xunta e o gobernó do Estado e esixir un cambio de modelo. Os peches prodúcense poucas horas antes das manifestacións en defensa da sanidade pública convocadas este mércores en varias cidades galegas, entre elas Vigo, onde sairá ás 8 da tarde da Praza de España

Segundo denuncia ‘SOS Sanidade Pública’, a crise económica é utilizada como escusa polo actual goberno central e pola Xunta, para realizar profundos recortes na sanidade pública que “están a producir un impacto severo na calidade asistencial e nas condicións laborais do persoal que traballa na mesma”

Asi mesmo salientan que cando o PP chegou ao poder en Galicia no ano 2009, Núñez Feijóo afirmou que levaría a cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos de sanidade, educación e servizos sociais. “Mentiu dobremente: estes departamentos son os máis atacados polas súas actuacións e ademais, durante o seu mandato, a débeda medrou en Galicia o triplo que a do ano 2009”.

Na súa opinión, a política sanitaria do Partido Popular está “orientada a recortar o dereito á saúde para transformalo nunha mercadoría” e ten coma finalidade “desmantelar o sistema sanitario público, potenciar o aseguramento privado e dar participación ás empresas privadas na prestación de servizos sanitarios con diñeiro público”.

 

También te puede interesar