Ciencia y Tecnología

Empeza ‘Navega con rumbo’ para a prevención do ‘ciberacoso’

A Consellería de Cultura porá en marcha a terceira edición do programa Navega con Rumbo polo Ciberespazo que se desenvolverá a través de 200 accións formativas. O programa ten como obxectivo á formación do alumnado nas boas practicas no uso das TIC, para previr o ciberacoso, a dependencia das novas tecnoloxías, e facer un uso responsable das redes sociais.

Esta formación, incluída dentro do Proxecto Abalar, levarase a cabo a través dun protocolo de actuación co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Ao abeiro desta colaboración, especialistas do Colexio achegaranse unha edición máis aos centros educativos para impartir charlas divulgativas de unha hora de duración nas que lles ensinarán aos escolares a navegar por Internet dun xeito útil e responsable, coa implicación tamén do profesorado.

As sesións divulgativas estarán apoiadas por Guías de Boas Prácticas dirixidas tanto ao alumnado coma ás familias e profesorado, que se poden descargar en formato electrónico, e de balde, da web www.navegaconrumbo.es, na que ademais existe a posibilidade de descargar ditas guías en formato electrónico, ofrece xogos e ligazóns de interese sobre a temática do programa.

Balance

Na primeira edición déronse 90 sesións informativas en centros educativos de Galicia, e no curso 2011/12 chegaron a preto de 140, cifra que Cultura e Educación recorda que chegará esta terceira edición ás 200 accións e outros tantos colexios. O Proxecto Abalar é unha iniciativa dirixido a pais, alumnos e profesores  que ten coma  obxectivo que a comunidade educativa aproveite ao máximo os recursos dispoñibles ao seu alcance.

 

También te puede interesar