Ciencia y Tecnología

A Aula Cemit de Vigo acollerá dende o luns, día 1, unha actividade sobre producción audiovisual

A aula CeMIT de Vigo acollerá a partir do luns, no marco do Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT, unha actividade sobre produción audiovisual na que se dará conta polo miúdo de todo o proceso que abrangue o desenvolvemento  de calquera produto audiovisual. Con esta actividade gratuíta, de 60 horas  duración, preténdese que os participantes coñezan todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual centrándose especialmente na parte de edición de audio e de vídeo.

Para o desenvolvemento do curso, que rematará o vindeiro 23 de outubro, empregarase o sistema de videoconferencia, posibilitando a comunicación entre todos os participantes en tempo real a través de imaxe,  chat, compartición e control de aplicacións remotas.

A actividade está dirixida a todos aqueles que desexen obter unha preparación específica para incorporarse a un posto de traballo dentro dunha produtora, distribuidora ou canle de televisión, e a aqueles que desexen mellorar ou actualizar a súa formación neste sector. O curso iníciase con coñecementos básicos e abrangue todo o proceso para o desenvolvemento da produción de calquera produto audiovisual.

A Rede CeMIT, está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

 

 

También te puede interesar