Galicia

Jorquera pídelle a Feijóo que convoque ao Parlamento e amose alí os contratos de Pemex

O candidato do BNG á presidencia da Xunta emprazou este venfres ao presidente do Gioberno galego a que compareza de forma urxente na Deputación Permanante do Parlamento para aclarar se son certas as informacións que cuestionan, segundo altos directivos de Pemex, entre eles o director xeral, a existencia dun contrato para construir dous buques-hoteis nos asteleiros galegos.

Francisco Jorquera, en declaracións aos medios logo dun acto en Santiago, afirmou que de se confirmar estas informacións “estariamos ante uns feitos de extraordinaria gravidade”, polo que instou a Feijóo a que tamén publique inmediatamente na web da Xunta o presunto contrato suscrito coa empresa mexicana e remita á cámara galega toda a documentación existente.

“De non dar estes pasos  Feijóo estará recoñecendo que algo ten que agachar e que mentiu gravemente aos galegos e galegas”. O candidato do BNG engadiu que o que existe, segundo os altos directivos de Pemex, é un protocolo sobre a dispoñibilidade de Barreras e Navantia en caso de que finalmente foran os asteleiros seleccionados entre as distintas opción, “se Feijóo quer demostrar que estas informacións son falsas e que non mentiu ten que facer o que acabo de dicir: comparecer no Parlamento, publicar o contrato e remitir toda a documentación”.

 

También te puede interesar