Galicia

Forem propón despedir a 18 empregados en Galicia e que os outros 6 traballen media xornada

A dirección de CC.OO. propón aos traballadores da fundación Forem reducir de 24 a 18 os despedimentos dentro do expediente de regulación de emprego (ERE), ademáis de reducir a xornada a parte dos 18 que sigan na empresa, unha proposta que non foi aceptada pola plantilla quen acusou ao sindicato de “mala fe” na negociación.

A representante dos traballadores repetiu que os traballadores, algún dos cales leva máis de 20 anos en Forem, aceptaron que haberá despidos e que CCOO, pola súa banda, non quera aplicar as mesmas condicións a aqueles que conserven o seu emprego. Os empregados non están dispostos a aceptar a reducción de xornada para os traballadores con menor salario, mentras os directivos manterían a xornada completa.

Para o sindicato estas condicións son inasumibles. A dirección do mesmo salientou que non é viable económicamente manter a todos os empregados que se quedasen en Forem a media xornada, ao tempo que defendeu que coa proposta da central, os despedimentos serían 18 mentras que coa dos traballadores serían 20. A decisión final de Forem coñecerase o vindeiro 3 de outubro, logo de unha última xuntanza coa plantilla convocada para este mesmo venres, día 28.

 

También te puede interesar