Eleccións

Rajoy, o sábado, en Ourense con Baltar

O presidente do Goberno e do PP volverá o vindeiro sábado, 22 á precampaña das Eleccións Galegas para participar nun acto político en Ourense co presidente provincial do partido, Manuel Baltar, e coa cabeza de lista do PP e conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

Despois de que o 1 de setembro abrise formalmente a precampaña do PP en Soutomaior Mariano Rajoy regresa con este encontro coa militancia en Ourense, no cal non coincidirá co candidato do PPdeG á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. E que mentras o presidente está en Ourense, Feijóo estará na Coruña no acto de presentación da candidatura por esta provincia xunto a Carlos Negreira.

A presenza de Rajoy na precampaña e na campaña galega, que arrinca a medianoite do 5 de outubro, completarase con outros dous ou tres actos para os cales o partido asegura que aínda non hai datas pechadas, dado o difícil encaixe da axenda do presidente do Goberno.

 

También te puede interesar