Vigo al minuto

Piden máis protección para o patrimonio arqueolóxico vigués e menos ungüentos para non durmir

A Oficina polos Dereitos Sociais de coia, ven de criticar nun artigo a importancia que se lle da a estar á exposición do ungüentatio no Museo do Mar. Nun escrito, no que lembran a importancia e valor arqueolóxico doutras pezas atopadas en Vigo, esta asociación pide que que se adiquen máis recursos e máis tempo á época no que foi atopado e menos á peza en sí mesma,, «unha peza arqueolóxica non ten valor per se: o verdadeiro valor está no contexto no que se insire, na realidade arqueolóxica á que se asocia. Ao fin e ao cabo, o obxecto como tal non importa, ten interese como vestixio de sociedades pretéritas que construíron e usaron eses obxectos. O utensilio por si mesmo, despoxado do envoltorio social que lle confería o seu verdadeiro sentido, non é máis que un fetiche banal”.

Logo de lembrar que o ungüentario tardorromano foi atopado nunha intervención arqueolóxica , dirixida pola arqueóloga Mar Cortegoso, no marco da ampliación do túnel do Areal, a Asociación polos Dereitos Sociais de Coia pregúntase,pero, que podemos admirar no Museo do Mar? Pois unha pequena xerriña feita de cerámica, fragmentada,…. e bastante anódina, sen maior atractivo ou interese estilístico. Postos a elixir pezas belas, o propio xacemento de Areal/Rosalía de Castro proporcionaríanolas abundantemente: dende a magnificencia das grandes ánforas que transportaban viño, aceites ou salgaduras, ata a delicadeza  das decoracións nas cuncas de Terra Sigillata Africana…. Se o criterio que marca a importancia dun achado arqueolóxico é unicamente o seu valor estilístico, pois nestes casos quizais poderíamos estar ante restos máis admirables”.

Asi mesmo subliña que “o contexto histórico do ungüentario si que é digno de admirar e conservar. Hai que retrotraerse ata o século VI d.C., nun Vicus Aeleni destacado como un porto comercial de primeira clase, centro de chegada de mercadorías dende o Mediterráneo oriental e á súa vez distribuidor por mercados secundariosnos litorais cantábrico, francés e británico”.

Ao mesmo tempo critica que “mentres que removeuse Roma con Santiago, nunca mellor dito,  para que volvese a Vigo a peza cerámica, enarborada como bandeira dun viguismo marxinado e vilipendiado,  non se moveu un dedo loitando en prol da conservación e protección dun xacemento arqueolóxico nun extraordinario estado de conservación e de indubidable valor histórico”, coma a a actuación de Rosalía II, nas rúas Rosalía de Castro e García Barbón.

E remata asegurando, “institucionalmente anúnciase a chegada e exposición do ungüentario aos catro ventos, convertendo a Historia nunha disciplina simple e pueril. Por sorte, este tipo de praxis arqueolóxica xa foi superada hai décadas, e hoxe sabemos que o tesouro non é o resto material, senón que a riqueza está en todo o que hai detrás del”.

Para advertir, con ironía, “estamos de parabéns: o ungüentario volveu a casa, podemos durmir tranquilos. Pouco importa que na cidade están a pechar espazos musealizados , ou reducindo os seus horarios ata facelos case que inoperantes-, ou que o berce do verdadeiro interese arqueolóxico e histórico do achado en cuestión estea sendo periodicamente mutilado”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.