Comarcas

O goberno local de Ponteareas propón pechar o Canal Tea TV

Xosé Represas, portavoz municipal do BNG de Ponteareas afirmou no Pleno de onte que “a proposta do goberno para pechar canal Tea é un recoñecemento do que sempre defendeu o BNG. E unha proposta que se trae con 25 anos de retraso e con consecuencias nefastas para o Concello”.

O portavoz nacionalista instou ao Partido Popular a asumir a súa responsabilidade polo despilfarro de millóns de euros durante todos estes anos. “Foi un alcalde e un goberno do PP quen puxo en marcha a televisión municipal, o Partido Popular sempre se negou a pechala e utilizouna como un medio de propaganda a costa do cartos de todos”, manifestou Represas

O portavoz do BNG lembrou que en maio de 2004, o PP e Solla rexeitaran a proposta dos nacionalistas de cumprir as recomendacións da Universidade de Santiago sobre o futuro da RTMP. Daquela, o BNG levou a Pleno a proposta de peche da televisión, proposta que recollía textualmente as recomendacións da Universidade nun estudio encargado nos 11 meses de goberno do BNG e o PSOE. “O BNG foi o único grupo que sempre esixiu acabar co despilfarro da televisión municipal, o informe da Universidade confirmou xa hai máis de 8 anos, o que sempre defendeu o BNG”

 

También te puede interesar