Vigo al minuto

Caballero, “Vigo é a cidade con menor presión fiscal, por veciño, de Galicia”

Para ratificar esta información, o alcalde indicou que mentras en A Coruña cada veciño paga 916 € ou en Compostela 1.024, en Vigo esta cantidade é de 741 €, “un 23% e un 38% máis baixa que en aquelas ciudades”.

Abel Caballero indicou que en el nivel de ingresos municipais por habitante é de 937€, “un 26,4% máis que en Vigo”, en Ourense 969 €, “preto de un 31% superior á nosa cidade”. O alcalde indicou que esta presión fiscal compaxínase coa prestación dos servizos públicos e o incremento do investimento nos últimos anos a cargo do Concello.

Coma exemplo desta inversión mencionou aos 520 alumn@s  de Secundaria beneficiad@s polo programa municipal para estudar inglés no extranxeiro, 114 dos cales foron despedidos polo rexidor este martes en Peinador. Caballero lembrou que súmanse aos 109 que partiron o sábado pasado, aos 103 que sairán o sábado, día 22 e, por último, aos 102 que viaxarán o xoves 27 de setembro.

Deste xeito, dixo, “son 375 alumnos de 4º da ESO os beneficiados con este programa, aos que se suman as 72 bolsas da Escola Oficial de Idiomas e outras 70 que, previsiblemente, se outorgarán en xaneiro para os centros concertados. O final, estaremos a falar de 520 alumnos beneficiados dun programa no que o Concello inviste máis dun millón de euros ao ano”.

 

También te puede interesar