Vigo al minuto

Un cento de persoas piden a libertade para os detidos o sábado en Vigo

Máis dun cento de persoas atenderon o chamamento feito por Ceivar e acudiron este luns, pasadas as 8 do serán, á unha concentración diante do MARCO pafra protestar contra as detencións dos membros de Resistencia Galega do pasado sábado en Castrelos.

Na súa web, Ceivar sinala que “os motivos destas detençons que estám a aventar os meios de comunicaçom ao serviço do ministério do interior, como tem sido habitual noutros arrestos de militantes independentistas, assinalam a pertença a Resistência Galega e a bateria de ataques a bancos, sedes institucionais e infraestruturas numha clara mostra de obediência, subjectividade e manipulaçom por parte destes meios”.

Os concentrados, portando unha pancarta na que se leía ‘Stop represión políticas. Xurxo, Diego, Carlos, Koala, liberdade’, e vixiados dende lonxe por unha dotación da Policía Nacional, berraron consignas en contra da actuación policial e a favor dos detidos, “non son terroristas, son independentistas!”, “defender a terra, non é delito!” ou “os fascistas son os terroristas!”.

O acto rematou, logo de chamamentos á independencia e a favor do achegamento dos detidos a Galicia, co hinmo galego.

 

También te puede interesar